|
Ver en español |

|
SERVIZOS |
|
COLABORA |
|
NOTICIAS |
|
A ENTIDADE |
|
FUNDACIÓN TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA
|
|
ORGANIGRAMA |
|
Inscrip./ rexistros |
|
Marqués de Valladares nº 14, 1º - of.9 36201 - Vigo T lf/ Fax: 986 228 074 salvora@fundacionsalvora.org
|
|
A súa MISIÓN é velar polos dereitos e intereses das persoas con discapacidade intelectual, en especial daquelas das que ten encomendada a tutela a fin de proporcionarlles unha óptima calidade de vida e a plena integración social. |
|
INFORMA, ASESORA e ACONSELLA ás familias e responsables de persoas con discapacidade intelectual a fin de que poidan acadar as mellores condicións de desenvolvemento, benestar e garantías de futuro; e, cando non é posible atopar as persoas físicas adecuadas, dispostas a encargarse das responsabilidades tutelares, a Fundación EXERCE O CARGO DE TITOR tras a aceptación do nomeamento por vía xudicial.
|

|
A FUNDACIÓN TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA, é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar. Constituida en Vigo o 27 de decembro de 1990 e clasificada pola Xunta de Galicia como benéfico asistencial, privada e de interese galego.
|